Servizos

En SenLíos acompañamos a pequenas e medianas empresas innovadoras para mellorar os seus resultados comerciais e fortalecer a súa marca.

Comunicación, creación de marca, xestión de recursos, loxística, selección de axentes comerciais, búsqueda de importadores ou axentes comerciais... Son moitas as frontes que se abren ante as empresas cun bo producto que queren expandirse comercialmente.

En SenLíos contamos con experiencia na xestión de departamentos de comunicación, de compras e internacionalización de empresas privadas e entidades públicas e unha ampla rede de colaboradores que nos permiten centralizar e simplificar estes desafíos e para que a empresa se dedique a crear bos productos e liberar todo o seu potencial.

Consultoría+Xestión de recursos

Estes son algúns dos servizos que ofrecemos en consultoría e xestión de recursos:

  • Estudos de viabilidade
  • Planificación e organización comercial
  • Consultoría en estratexia comercial
  • Posicionamento de marca e producto
  • Selección de persoal
  • Xeración de oportunidades de venda
  • Satisfacción e fidelización de clientes
  • Implantación de CRM e sistemas informáticos
  • Control e retribución de vendedores

Xestión de compras e aprovisionamento

  • Definición de obxectivos e KPIs para incrementar os aforros e mellorar a relación con proveedores
  • Busca de novas fontes de aprovisionamento
  • Apoio na negociación con proveedores
  • Asesoramento na redacción de contratos de compra e partenariados de longa duración

Se o teu produto é único,
mereces unha solución única.

Sexa cal sexa a túa necesidade, en SenLios
sabemos que o que vale para uns non vale para todos.
Por iso nos adaptamos a ti con diagnósticos
e plans completamente personalizados.
En SenLíos estamos especializados nas necesidades
de pequenas e medianas empresas innovadoras
que buscan liberar todo o seu potencial.
Descubrímolo xuntos?

Hoxe é o día

Seguimos en contacto

Pasaxe Paseo Fluvial, 7
Bertamiráns (A Coruña)

Tel. 691 791 791
Tel. 677 878 774