Servizos

En SenLíos acompañamos a pequenas e medianas empresas innovadoras para mellorar os seus resultados comerciais e fortalecer a súa marca.

Comunicación, creación de marca, xestión de recursos, loxística, selección de axentes comerciais, búsqueda de importadores ou axentes comerciais... Son moitas as frontes que se abren ante as empresas cun bo producto que queren expandirse comercialmente.

En SenLíos contamos con experiencia na xestión de departamentos de comunicación, de compras e internacionalización de empresas privadas e entidades públicas e unha ampla rede de colaboradores que nos permiten centralizar e simplificar estes desafíos e para que a empresa se dedique a crear bos productos e liberar todo o seu potencial.

Internacionalización + Comercio Exterior

Estes son algúns dos servizos que ofrecemos en internacionalización e comercio exterior:

  • Diagnóstico de potencial exportador da empresa
  • Selección de mercados
  • Contactos con importadores e distribuidores
  • Búsqueda e selección de axentes comerciais
  • Externalización ou formación de dpto de comercio exterior
  • Adaptación de productos a mercados exteriores
  • Comunicación intercultural: adaptación de marca e imaxe para mercados exteriores
  • Asistencia en eventos internacionais: feiras, encontros, misións comerciais...
  • Documentación para contratos internacionais
  • Asistencia en feiras e eventos internacionais
  • Asesoramento en normativas e documentación: contratos comerciais, representación, distribución, estudo de riscos, certificacións, homologacións, axudas...
  • Seguridade e riscos: sistemas pagos, loxística internacional, impostos, aduanas, taxas, etc

Se o teu produto é único,
mereces unha solución única.

Sexa cal sexa a túa necesidade, en SenLios
sabemos que o que vale para uns non vale para todos.
Por iso nos adaptamos a ti con diagnósticos
e plans completamente personalizados.
En SenLíos estamos especializados nas necesidades
de pequenas e medianas empresas innovadoras
que buscan liberar todo o seu potencial.
Descubrímolo xuntos?

Hoxe é o día

Seguimos en contacto

Pasaxe Paseo Fluvial, 7
Bertamiráns (A Coruña)

Tel. 691 791 791
Tel. 677 878 774